Skip to main content
Guitiriz

Sergio Pena gañou o II Slalom de Guitiriz

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

O sábado, ao longo de toda a xornada, o Campo da Feira de Guitiriz acolleu o II Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Ruta da Auga, no que resultaron gañadores Sergio Pena Millán, do Scratch Fene, en categoría masculina, e Tamara Pereira, do Arteixo Motorsport, na feminina.

A proba automobilística desenvolveuse no circuíto do Campo da Feira, organizado conxuntamente coa Escudería Scratch Fene sendo puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom.

Nesta segunda edición do Slalom o trofeo feminino, dotado con 300 euros de premio, está patrocinado pola Asociación de Hostalería de Guitiriz Debares.

Participaron nesta segunda edición un total de 4o pilotos da talla de Manuel Trevín, campión do I Slalom Concello de Guitiriz e campión galego 2020, Sergio Pena, campión galego do 2019, e Rubén Gandoy, campión de Asturias e campión galego.