Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz programa accións dixitais e presenciais no Día contra a violencia de xénero

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

Concello de Guitiriz programou unha serie de accións, tanto dixitais como presenciais, para conmemorar e darlle visibilidade ao Día Contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o este xoves, 25 de novembro.

Por unha banda, desde a pasada semana está a animar á veciñanza a que envíe as súas fotografías facendo o sinal de socorro da violencia machista, para o que hai que situar a palma da man co polgar dobrado e despois escondelo entre o resto de dedos. O obxectivo é difundir este xesto e para iso hai que enviar as imaxes ao correo igualdadeguitiriz@gmail.com ata o mércores, 24 de novembro, e despois crearase unha galería con estas no Facebook do Concello e no Instagram da área de Igualdade.

Por outra banda, o propio xoves, 25 de novembro, haberá un acto conmemorativo polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero ás 19 horas no Campo da Feira.

Ademais, nas redes sociais do Concello están a difundirse diferentes recursos audiovisuais que reflicten a lacra que supón para a nosa sociedade a violencia de xénero e buscan concienciar sobre a importancia de erradicala.