Skip to main content
Axenda Caducada

Proxectan Negro Púrpura en Meira

Por 30 Novembro, 2021Decembro 4th, 2021Sin comentarios

Este sábado, 4 de decembro, na casa da cultura de Meira terá lugar a proxección da película-documental Negro Púrpura, producida por Illa Bufarda e dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.

O acto dará comezo ás 19:00 horas e contará coa presenza das dúas directoras do film para facer a presentación do mesmo.

Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.