Skip to main content
Muras

Muras vibrou cunha nova edición da Feira do Mel

Por 22 Novembro, 2021Sin comentarios

Muras celebrou un ano máis a súa Feira do Mel da Montaña cun gran éxito de público e unha vintena de postos nos que se misturaron os de mel e os doutro tipo de produtos de alimentación.

Pero a feira non contou unicamente coa zona de exposición e venda, desenvolvéronse diferentes actividades tanto para maiores como para pequenos entre os que figurou unha degustación, obradoiros de cociña e algunha charla. Non faltou a música nin a animación festiva para unha cita que buscaba recuperar a normalidade aínda que mantendo en todo momento as normas de seguridade sanitaria.

A celebración dividiuse en dous días reservando o primeiro para a cata do mel realizada no Viveiró por un xurado de expertos. Eles foron os que escolleron a Diego Prieto, cunha produción no Seixo, e Cristina Chao, en Coruxos, no Viveiró, como gañadores desta edición.

A celebración contou tamén coa presentación dun vídeo para promocionar o mel de Muras realizado no Concello e no que os protagonistas son os maiores.