Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O Circuíto de Outeiro acolleu un ano máis a Diabetes Day

Por 9 Novembro, 2021Sin comentarios

O pasado sábado 6 de novembro levouse a cabo no circuíto do Concello de Outeiro de Rei, a II edición do Diabetes Day, actividade que tiña como finalidade concienciar á sociedade de que a diabetes non é un impedimento para a práctica do deporte.

Un total de 16 nenos e nenas de toda Galicia, de entre 9 e 14 anos, estiveron toda a mañá practicando motociclismo no circuíto de Outeiro de Rei.

Fernando Seijo, presidente da asociación de Outeiro de Rei, foi quen estivo a cargo da actividade.