Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Convocada unha nova edición do concurso de postais de Nadal en Outeiro

Por 12 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei organiza por sexto ano consecutivo o Concurso de Postais de Nadal 2021 para rapaces e rapazas empadroados neste municipio ou matriculados no CEIP Laverde Ruiz.

Poderán participar todos os escolares de educación primaria repartidos en dúas categorías, na I, os de 1º a 3º de primaria, e na II os de 4º a 6º.

O tema da tarxeta terá que estar relacionado co Nadal e valorarase a imaxinación, orixinalidade, colorido e calidade da execución, con atención á idade dos nenos concursantes.

O formato da tarxeta será de 15 x 21 cm (medio folio) e poderá realizarse tanto en sentido horizontal como vertical.

Os interesados poderán presentar os traballos ata o 25 de novembro nas oficinas da Casa da Cultura ou á conserxe do colexio.