Skip to main content
Agro TERRACHÁXAComarca LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O gandeiros ameazan cun boicot a Lactalis e Larsa polos baixos prezos de compra do leite

Por 16 Novembro, 2021Sin comentarios

Os gandeiros volveron manifestarse esta mañá en Outeiro de Rei ante a sede de Larsa polos baixos prezos que se están a pagar do leite en orixe.

Xunto a unhas pancartas os gandeiros subliñaron “os abusos” que se están a producir polas industrias lácteas como complemento a outra concentración similar realizada a pasada semana ante a sede da outra láctea, Lactalis, esta situada en Vilalba.

“Os prezos do leite están subindo en Europa, pero non en España e, menos aínda, en Galicia. Os datos do propio Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España apuntan que as granxas non cubren custos, e así nolo recoñeceu o número dous dese departamento hai escasos días. Esperamos que o goberno cumpra co anunciado e impulse canto antes inspeccións e sancións para facer cumprir a Lei de Cadea”, explicaron nun acto no que queimaron tamén pneumáticos e palla.

Os gandeiros anunciaron tamén que promoverán un boicot precisamente contras estas dúas empresas lácteas, Lactalis e Larsa, que recollen un 35% do leite que se comercializa en Galicia, se estas non aumentan os prezos de compra en orixe.

O obxectivo é que “as persoas consumidoras coñezan os abusos e ilegalidades que hai detrás das marcas que mercan”, din.