Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza celebrará unha nova Ruta de Tapas

Por 9 Novembro, 2021Novembro 11th, 2021Sin comentarios

A Pastoriza volverá recuperar a ruta das Tapas, que chega a súa VII edición, a fin de semana do 19 ao 21 deste mes organizada pola asociación de comerciantes local, Asapa.

Nesta ocasión a organización traballou arreo para impulsar este evento e involucrar a todos os locais hostaleiros que puideron. Así serán dez os locais participantes, 5 de Pastoriza (O Cruceiro, Xarope, Brétema, a Casa da Cultura e O Castro) e 3 en Bretoña (Tropical, EsKina e Luciano), ademais de Casa Germán da Reigosa e Taberna Molareda de San Cosme.

Todos aqueles que completen o roteiro poderán optar aos diferentes premios que se repartirán. Como primeiro haberá 350 euros máis un vale de 100 para compras. O segundo serán 200 euros más 50 en compras. Tamén haberá tres premios máis de 50 euros cada un para gastar respectivamente nos supermercados A Pastoriza e Atlático e en Gasóleos O Acebreiro. O sexto agasallo será un curos de condución PTC e o sétimo un curso de iniciación ao tiro con arco para dúas persoas.

Os horarios de servizo de tapa serán os venres e sábados de 19.00 ata a medianoite e o domingo de 12.00 a 15.00 horas.

Haberá servizo de bus con saídas da Pastoriza ás 19.30 horas con percorrido por Reigosa, San Cosme, Bretoza e regreso a Pastoriza. Cada 40 minutos pasarán por diante dos bares.