Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O Concello de Pol terá unha área de autocaravanas en Mosteiro

Por 15 Novembro, 2021Novembro 17th, 2021Sin comentarios

O Concello de Pol está inmerso na mellora da contorna e dos servizos do municipio por iso súmase aos concellos que neste ultimo ano contan cunha área de autocaravanas xa que este tipo de turismo está totalmente en auxe.

Esta dotación contará cunha superficie de 2.000 metros cadrados e terá espazo para acoller a unha ducia de vehículos. O número de persoas que viaxan en autocaravana ou furgoneta camper está a medrar de maneira considerable cada ano e ese é un dos motivos fundamentais para que o Concello aposte por ela.

Esta infraestructura poderase levar a cabo grazas a unha achega do Goberno autonómico de 28.828 euros para dotar a este espazo dos servizos necesarios como son o saneamento, auga e luz.

Esta área poderá ser utilizada tamén polos usuarios do campo de fútbol e da zona de xogos tradicionais e como apardoiro para os festexos da Festa do Emigrante se así se requerise.