Skip to main content
As Pontes

Endesa recupera este luns a súa actividade

Por 21 Novembro, 2021Novembro 22nd, 2021Sin comentarios

A central térmica de Endesa recupera este luns a súa actividade xustificada pola subida dos prezos da electricidade e a previsión da chegada de ondas de frío que provocarán un aumento do consumo enerxético durante o inverno. A planta está en proceso de peche desde finais do ano 2019 e non ten actividade desde o verán. Con todo, ao non estar clausurada pode reactivarse.

As instalacións están operativas, como mínimo, ata o vindeiro venres e a previsión é establecer o funcionamento semanalmente. O reinicio da actividade foi confirmado hai días e de feito a planta estivo preparándose ao longo das últimas semanas. De feito, á chegada do carbón sumouse o tralado dunha vintena de traballadores dende outros puntos ata As Pontes para manter en funcionamento a central ata o último día do ano, cando volverán aos seus postos de traballo.

O pasado martes iniciouse o traslado ás Pontes das 100.000 toneladas de carbón que estaban almacenadas no porto exterior de Ferrol, importadas de Asia. O primeiro cargueiro con carbón chegou a Ferrol con 20.000 toneladas a finais de outubro, mentres que o segundo fíxoo o pasado 14 de novembro con 80.000 toneladas do mineral.

Por tanto, Endesa dispón agora de 140.000 toneladas de carbón para a súa combustión, debido a que, ás traídas por vía marítima nas últimas semanas, súmanse as 40.000 que están almacenadas desde hai meses no propio recinto da central.