Skip to main content
As Pontes

Xa hai gañadores do concurso contra a violencia de xénero das Pontes

Por 25 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes recibiu 128 propostas do alumnando dos centros educativos de Educación Secundaria do municipio ao abeiro do concurso de cartaces convocado con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O obxectivo da convocatoria, en palabras de Tania Pardo, responsable da área de Igualdade “é sensibilizar á poboación máis nova na loita contra a violencia de xénero, instándoa a que non miren cara outro lado, desenvolvemendo actitudes comprometidas na loita contra a violencia machista”.

Un xurado, conformado por persoal do CIM e persoas expertas en artes gráficas e no mundo da arte e a cultura, foi o encargado de elexir, entre todas as propostas presentadas, o cartaz gañador baseándose en criterios como a orixinalidade do traballo presentado, a capacidade para transmitir o significado do 25N e os seus valores así como a calidade artística dos traballos.
Todos os cartaces debían ser presentados, baixo seudónimo para garantir o anonimato, nun formato A3 vertical e podíase empregar calquera técnica artística, susceptible de reprodución dixital.

O cartaz gañador foi o elaborado por Antón de la Fuente Vivero, alumno de 4º da ESO IES Moncho Valcarce resultando finalistas os cartaces de Mateo Hermida Martínez, alumno de 1º da ESO do IES Moncho Valcarce, Leila Bouza Bermúdez, alumna de 1º da ESO do IES Moncho Valcarce, Eneka Lamas Sueiro, alumna de 4º da ESO do IES IES Moncho Valcarce e María Fahym e Sara Mobti, alumnas de 4º da ESO do IES Castro da Uz.

A obra gañadora será a imaxe oficial do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e dos actos organizados polo Concello das Pontes en torno ao 25 de novembro. Todas as propostas presentadas formarán parte dunha exposición que se poderá ver a partir do día 24 de novembro na Casa Dopeso.