Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Implantan en Rábade un sistema de control da calidade da auga

Por 27 Novembro, 2021Novembro 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade vén de poñer en funcionamento os novos sistemas de control e mellora da calidade da auga, que foron executados en colaboración con Augas de Galícia, e que supuxeron un investimento de 80.000 euros, tanto na estación de abastecemento, como na planta depuradora.

As melloras realizadas neste tempo consistiron na instalación dun sistema de control de calidade e cantidade dos verquidos con diferentes sistemas de alertas, permitindo detectar, en tempo real e dende calquera aparato con conexión a internet, tanto verquidos incontrolados, como volúmenes excesivos, tanto de chegada a planta como de saída ó cauce.

Así mesmo executáronse melloras na pranta de captación, no sistema de lavado de filtros, e sustituíronse 500 metros de tubería de fibrocemento por PVC.