Skip to main content
Vilalba

Inaugúrase o mural artístico na rúa Cotarón de Vilalba

Por 7 Novembro, 2021Novembro 8th, 2021Sin comentarios

Concello de Vilalba inaugurou o novo mural artístico da rúa Cotarón, unha iniciativa para humanizar a contorna urbana da rúa Pedreiras e da zona máis próxima ao auditorio municipal.

O mural, obra de Miguel Peralta, do colectivo Cestola na Cachola, representa a un músico tocando debaixo da árbore de Pravia e da continuidade a outro mural realizado na praia fluvial. Faranse outros nos próximos meses en diferentes puntos do concello.

Cestola na Cachola é un proxecto colectivo de autoemprego constituído por dous artistas para traballar naquilo que máis lles gusta e onde aplican a súa formación: entre murais e economía social e solidaria, entre antropoloxía e ilustracións, entre cadros e sensibilización ambiental.

Os seus compoñentes configuran unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, que conta con obra mural ao longo de toda España.