Skip to main content
Vilalba

Impartirán en Árbol clases de zumba e baile de salón

Por 19 Novembro, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza novas actividades para este tempo de inverno. Así, este ano haberá clases de zumba todos os luns, ás 21.00 horas.

Ademais, tamén se impartirán clases de baile de salón os martes ás 22.00 horas.

Os grupos serán limitados polo que haberá que inscribirse con antelación con Bea no 617 626 003 ou Paula no 655 582 171.

Para estas dúas actividades tamén será obrigado o uso de máscara.