Skip to main content
Vilalba

Impulsan unha campaña de promoción do comercio local de Vilalba con motivo do Black Friday

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba e a Asociación de Empresarios Sete Pontes presentaron unha campaña de apoio ao comercio local, coa que buscan fomentar as compras e o consumo nos establecementos da localidade a propósito do  Black Friday, que se celebra este venres 26 de novembro.

Na presentación da iniciativa, baixo o nome de Black Friday Vilalba 2021, participaron a alcaldesa, Elba Veleiro; a concelleira de Comercio, Marta Rouco, e a responsable de Comercio da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Antía Naveiras.

Con motivo da celebración do Black Friday, o Concello de Vilalba porá en marcha a súa campaña de difusión e promoción do comercio local coa colocación de materiais en distintos espazos públicos do municipio.

En total, 38 establecementos participarán desta campaña, identificados cunha alfombra negra e unha torre de globos na entrada dos propios locais.

Os establecementos realizarán diferentes descontos, desde un 5% ata un 50% ao longo da xornada do venres e prolongarán a súa apertura ata as 22 horas. A iso súmase a campaña de promoción impulsada polo goberno local, que habilitará elementos publicitarios en diferentes espazos públicos.

O Concello de Vilalba busca con esta iniciativa fomentar o comercio de proximidade, un dos motores económicos do municipio.

“A idea é que a xente vexa que non só pode comprar en grandes superficies senón que aquí podemos ofrecer tamén opcións, facer algo de aquí que chame a atención para que a xente saiba que vai haber descontos aquí. Sendo Vilalba unha vila eminentemente de servizos temos que apostar por poñer en valor o noso comercio”, explicou Naveiras.

LISTA DE NEGOCIOS PARTICIPANTES E DESCONTOS

  • 1. As Nubes Moda (20%)
  • 2. Rótulos RM (10% artículos en tenda)
  • 3. Texas (desde un 10% ata un 50%)
  • 4. Carlin (10% en material escolar, mochilas e portatodos 30%, e artigos variados cun 40% e un 50%)
  • 5. Cárber Moda (20%, 30% e 50% en artigos sinalados)
  • 6. Librería Andel (10% en papelería e regalo e 5% en libros, libros de texto non incluídos)
  • 7. Luis Castro (desde un 10% ata un 30% en artigos de tempada)
  • 8. Librería Pergamino (10% en todo agás prensa, fotocopias e informática)
  • 9. Junor (leva o 10% do teu ticket e trócao na túa próxima compra)
  • 10. Qué Ves Óptica e Audición (descentos do 30% en monturas, gafas de sol, cristais e audífonos, non acumulables con outras promocións)
  • 11. Retoños (desde un 20% ata un 50%)
  • 12. Novalux Óptica e Centro Auditivo (20% en todos os artigos da tenda)
  • 13. O Gato con Botas (30% en calzado)
  • 14. Sanjurjo Moda (20% en todo agás vaqueiros que estarán ao 15%)
  • 15. Minds Ocio Infantil (15% en bonos e 20% reserva cumpleaños)
  • 16. Confecciones Julio (10%, 20% e 30% en artigos determinados)
  • 17. Zokos (descontos ata un 30%)
  • 18. Urbo Moda (20% en todos os artigos da tenda)
  • 19. Lanas y corsetería Pingüín (do 10% ata o 50% en artigos seleccionados)
  • 20. Peluquería Celia Gómez (ata un 50% en artigos seleccionados)
  • 21. CarapuchiñaVermella (ata un 30%)
  • 22. Construfer (desde un 10% ata un 30%)
  • 23. O Peto Máxico (descontos ata un 50%)
  • 24. Albosat (Milar) (ata un 10% en artigos seleccionados)
  • 25. Ferretería Puentes (descontos en electrodomésticos do 15% ao 40%)
  • 26. Go&Vac (20% en bolsos, bufandas e fulares, e 30% nalgúns modelos de zapatos)
  • 27. O Rincón Encantado (todo ao 20%)
  • 28. A Pravia (consumición mínima 1€)
  • 29. A Esmorga (consumición mínima 1€)
  • 30. Calzados Baamonde (varios descontos segundo a marca)
  • 31. Don Zapato Deportes (descontos ata o 20%)
  • 32. Lolita Blue (descontos ata 30%)
  • 33. Xoiería Ática  (5% desconto)
  • 34. Sargadelos (5% desconto)
  • 35. Fiodecor (15% desconto agás produtos de Nadal)
  • 36. Peluquería Novostylo (descontos en produtos)
  • 37. Basic Shop (15% de desconto)
  • 38. Koketa (20% de desconto en todos os artigos)