Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba demanda “rigorosidade” a un goberno de “tranpantojos e metiras”

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

O PP de Vilalba demanda “rigorosidade” na xestión municipal e, máis especialmente, cando se trata de aprobar unha modificación de crédito de 850.000 euros. O Grupo Municipal Popular abstívose na votación do pleno extraordinario convocado para este luns alegando que “o goberno local aportou documentación incompleta que nos impide coñecer que facturas se van pagar con esa cantidade. Tratan de gobernar con trampantojos e mentiras e isto é un exercicio de falta de transparencia extremo”.

“O Grupo Municipal Popular non se opuxo porque queremos que os provedores cobren o que se lles debe; pero non podemos apoiar este exercicio de falta de transparencia extrema nin asinar cheques en branco”, expuxo a concelleira Agustina  Fernández.

A popular explica que “despois de recibir o venres documentación incompleta tivemos que pedir explicacións e, finalmente, convocouse unha reunión dúas horas antes do pleno para dar explicacións. Foi entón cando o goberno local achegou 264 facturas, pero non todas”. Os populares tampouco dispoñían do informe de intervención para coñecer se esas facturas contaban ou non con reparos.

Fernández considera, ademais, o feito de convocar dous plenos extraordinarios en menos de 20 días unha declaración de intencións: “deixan claro que non teñen intención de levar a pleno os orzamentos municipais porque colan partidas a través de modificacións de crédito”.

A este respecto, os populares lembran ao goberno do PSOE que está en minoría e que debería dialogar coa oposición para chegar a acordos e non empregar este modelo que debería ser excepcional. “Pero o PSOE goberna por decreto de alcaldía, sen ningún tipo de transparencia: agora fan o contrario do que pedían cando gobernaba o Partido Popular”.

Ante o voto favorable de Vilalba Aberta tras chegar a un acordo, Agustina Fernández considera que “PSOE e Vilalba Aberta parece que están nun campionato a ver quen sae mellor ante a opinión pública”. E lembra que “é lícito pretender sacar rédito político, pero non se poden dar cheques en branco. Ademais de lealdade institucional, debe haber seguridade institucional”, conclúe.