Skip to main content
Vilalba

Vilalba reparte as axudas a entidades públicas e privadas

Por 25 novembro, 2021novembro 26th, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba xa resolveu a convocatoria das subvencións por concorrencia competitiva a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interese municipal.

“O tecido asociativo realiza un importante esforzo de participación cidadá, complementando os servizos dos concellos. Por iso é esencial que dende o goberno local apoiemos a estas entidades, que contribúen a mellorar a nosa sociedade”, subliña Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba.

No eido cultural, as subvencións foron para a asociación Buxos Verdes da Chaira; asociación cultural de Andrade; asociación cultural Casa Escola de Bordelle; asociación xuvenil Entre Lusco e Fusco; Unión de radioaficionados da Terra Chá, e asociación cultural e deportiva de Árbol.

Consulta neste enlace a contía das axudas.

No apartado educativo, para a APA Terra Chá de Román. En deportes, para o Club Taekwondo Vilalba Jansu; Asociación Deportiva Biciclistas Galegos; Club Moo Duk Kwan; World Moo Duk Kwan; Asociación Deportiva Andrade; Club Vilalba 4×4; agrupación de deportistas veteranos de Sancobade; agrupación de deportistas veteranos Santaballés; a sociedade deportiva Machinango; a sociedade de cazadores de Goiriz; a agrupación de deportistas veteranos A Canteira, e Capóns Vilalba Rugby.

Dentro das asociacións de mulleres, recibirán subvención a asociación Agarimo e a Asociación Feminista de Vilalba. E dentro das asociacións de veciños, as de Corbelle; Distriz; Vilapedre; Codesido; Insua; Lanzos, e Goiriz.