Skip to main content
Xermade

Convocada a segunda edición do concurso de decoración de Nadal en Xermade

Por 30 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade recupera este ano o concurso de decoración de Nadal, estreado o ano pasado e que tivo unha gran aceptación con 41 participantes.

Nesta segunda edición establécense dúas grandes categorías, a de vivendas por un lado e a de negocios pola outra. Na primeira haberá diferentes premios, ao mellor árbore de nadal, o mellor nacemento, a mellor decoración interior e a mellora decoración exterior.

Na segunda categoría, exclusiva para negocios, só haberá un premio para a decoración xeral do mesmo.

Os interesados en participar neste segundo concurso poden inscribirse no 678 744 178 ou no correo educadora.familiar@xermade.org antes do 21 de decembro.

O premio en cada unha das cinco categoría será unha cesta valorada en 130 euros.

EXCURSIÓN

Un ano máis, o concello organizará unha excursión a Xuvenlugo, que terá lugar o 27 de decembro con saída en bus ás 15.30 da praza do Concello. Haberá límite de prazas e terá prioridade as persoas empadroadas.

Tamén haberá que inscribirse premiamente no teléfono 678 744 178.