Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid mantense por debaixo dos 50 casos cunha oscilación diaria

Por 3 Novembro, 2021Novembro 4th, 2021Sin comentarios

A covid volve refrenarse nuynha sucesión de xornadas de altas e baixas de casos arredor do 40. Así, hoxe hai 43 casos activos, 3 menos que onte, cun rexistro de 2 novos positivos e 2 altas. Onte a subido foi de 8 casos, con 10 novos contaxios e 2 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.024 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria sobe de novo. Son 3 as persoas ingresadas (1 máis): queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados baixan ata 11, 2 menos. Na Mariña están Riotorto e Ribadeo afectados. Na Terra Chá seguen Abadín, Castro de Rei e Outeiro de Rei pero quedan limpos A Pastoriza e Vilalba. No centro seguen afectados Lugo, Ribeira de Piquín e Baleira. No sur quedan Monforte, Sarria e Chantada.

A Mariña

  • Por debaixo de 10: Riotorto e Ribadeo.
  • Burela leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Abadín, Castro de Rei e Outeiro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz. Únense Vilalba e A Pastoriza.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben ata 11 (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Baleira e Ribeira de Piquín.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Becerreá, Castroverde e Baralla.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e Chantada.
  • O Saviñao suma unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.