Skip to main content
Uncategorized @gl

Redúcese o ritmo de contaxio e Lugo reduce casos

Por 28 novembro, 2021novembro 29th, 2021Sin comentarios

A media de contaxios diarios na provincia redúcese e co aumento das altas prodúcese unha ralentización do ritmo de contaxios mantendo a hospitalización estable.

Hoxe hai 448 casos activos, 13 máis que onte, cun rexistro de 30 novos positivos e 16 altas. Onte houbo 29 máis, con 47 novos contaxios e 19 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.564 casos rexistrados e 255 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense cun ingresado en UCI mentres seguen tres pacientes en planta, todos no Hula.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións. Hoxe entran en vigor as novas restricións que pasan por esixir o certificado covid durante todo o día en restaurantes e nos bares a partir das 21.00 horas e na redución persoas nos grupos.

POR COMARCAS

A covid relaxa o creecemento sumando un único concello que estaba limpo mentres quedan sen casos outros. Destaca o primeiro descenso de casos de Lugo.

A Mariña

  • Viveiro segue con 18 casos.
  • Ribadeo sobe aos 12 enfermos.
  • Foz mantense en 10 contaxios.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Xove, O Valadouro, O Vicedo, Barreiros, A Pontenova e Burela.
  • Unha semana sen casos: Mondoñedo.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba mantense en 14 contaxiados.
  • Outeiro de Rei sobe de novo a  17 enfermos (2 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, As Pontes e Pol.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz e Begonte. Únese Meira.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma 1 caso máis ata 17 contaxios.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela e O Páramo
  • Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • O crecemento en Lugo invírtese con 188 contaxios (2 menos).
  • As Nogais segue con 12 positivos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Pedrafita, Portomarín, Castroverde, Guntín e Cervantes.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Palas e Antas.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • En Chantada seguen con 19 contaxios.
  • Monforte certifica xa 11 casos.
  • Taboada volve ter enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Pantón e Ribas de Sil.
  • Máis de quince días limpo: Bóveda e Quiroga.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.