Skip to main content
Axenda Caducada

A obra Ris Ras estará no teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado

Por 2 Decembro, 2021Decembro 4th, 2021Sin comentarios

Ris Ras é un espectáculo pensado para enredar, rir e bailar, un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.

Está a cargo de Baobab Teatro e poderase desfrutar del o sábado 4 de decembro no teatro Pastor Díaz de Viveiro.