Skip to main content
Foz

O Concello de Foz abre o prazo para as axudas ao transporte escolar

Por 3 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz anuncia a apertura do prazo de presentación das solicitudes para as axudas ao transporte escolar do curso 2020-2021.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “terán dereito a unha axuda de 200 euros para compensar o gastos realizados en transporte aqueles estudantes empadroados en Foz menores de 30 anos e cunha renda per cápita familiar igual ou inferior ao 150% do IPREM, ata esgotar os 10.000 euros orzamentados polo Concello. “Os estudantes deberán aportar unha acreditación que certifique que se presentaran como mínimo ao 50% das materias matriculadas. Esta é unha pequena achega do Concello de Foz para aquelas familias con menos recursos que fan un gran esforzo para que os seus fillos podan estudar. Non se reduce a estudos universitarios senón que tamén poderán obter a axuda todos os que cursaran un bacharelato ou ciclo formativo que non estea dentro da oferta do IES de Foz, incluso tamén alumnos de conservatorios de música”.

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, dará comezo hoxe venres día 3 de decembro, e para calquera dúbida os interesados poderán consultar co administrativo da Escola Municipal de Música en horario de 9 a 13 horas. As solicitudes poderán presentarse vía telemática ou presencial tanto no rexistro do Concello como na propia Escola Municipal de Música.