Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Industria esixe a Alcoa garantías dos seus investimentos e da subministración a clientes

Por 14 Decembro, 2021Sin comentarios

Na reunión da Mesa Multilateral de Alcoa celebrada hoxe de maneira telemática, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo esixiu á empresa que presente garantias dos investimentos anunciados dentro do plan de viabilidade que Alcoa presentou para manter a planta de aluminio de San Cibrao, ben a través de coberturas bancarias ou con avais. Estas garantías son necesarias para dar confianza e seguridade ao proceso de reindustrialización da factoría. Tamén pediu garantías para a subministración de aluminio aos clientes que actualmente ten a empresa e que se teña en conta a toda a cadea de valor do alumino na toma de decisións.

O Ministerio expresou a súa disposición para participar no proceso de negociación para garantir o futuro da planta no formato que se aprobe por parte de Alcoa e o seu comité de empresa.

Tamén reiterou que o Goberno poñerá ao dispor do proceso todos os instrumentos de politica industrial e enerxética para facer que a plan de San Cibrao sexa competitiva e poidan modernizarse as súas instalacións.

Para o Ministerio de Industria é fundamental que o proceso de negociación continúe para garantir o futuro do complexo industrial de San Cibrao.

Pola súa banda, o comité aceptou negociar tendo en conta as súas posturas, as cubas non se paran e contar coas empresas exteriores.

Tamén a directora xeral de  Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, sinalou , tras a súa participación na mesa industrial de Alcoa, que a solución definitiva en Alcoa debe pasar primeiro por fixar un prezo eléctrico competitivo “que realmente viabilice e garanta a produción de aluminio primario” en San Cibrao.

No encontro, no que Alcoa expuxo as liñas xerais da súa proposta, a directora xeral apelou ao Goberno central a buscar solucións e poñer todos os mecanismos e todos os instrumentos enriba da mesa para garantir o marco enerxético necesario. Paula Uría insistiu en que no proceso de negociación se precisan “certezas e garantías”, tamén por parte da empresa, para unha continuidade do emprego na Mariña, non só dos traballadores da propia planta senón dos das industrias auxiliares. 

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais insistiu en que a Xunta de Galicia está sempre ao carón dos traballadores, con todas as ferramentas ao seu dispor. “A produción de aluminio primario na Mariña de Lugo podería ter unha continuidade”, sinalou a representante da Xunta no encontro, “con esas garantías e esa busca de solucións por parte do Goberno central” para un prezo eléctrico competitivo.