Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os traballadores de Vestas recibiron as cartas de despedimento

Por 16 Decembro, 2021Decembro 17th, 2021Sin comentarios

Os traballadore de Vestas recibiron na mañá de onte as cartas de despedimento nas que se lles informa dos quince días de prazo ante a previsión de pechar as portas a finais deste mes de decembro.

Así mesmo, a empresa danesa está a ingresar xa os finiquitos coas indemnizacións de 28 días por ano traballado e cun máximo de doce mensualidades, tal e como recolle o expediente de regulación de emprego.

O día 9 a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacaba na mesa industrial que a Xunta ten identificado tres posibles compradores para a factoría de Viveiro.

Na reunión, a Xunta e os sindicatos solicitaron á empresa que os despedimentos non se fixeron efectivos o 31 de decembro e que, polo tanto, non se peche a factoría para evitar que se dificulte un posible proceso de venda. “É fundamental para continuar coas conversas que se poida adquirir unha factoría que estea funcionando, unha unidade produtiva, e non un activo inmobiliario”, explicou Lorenzana.

A titular de Emprego e Igualdade lamentou que a empresa se negara “en rotundo” a ampliar o prazo para levar a cabo os despedimentos e amosou a súa “preocupación” por que se poida frustrar unha posible venda “pola pouca marxe temporal que hai ata o próximo 31 de decembro”.