Airsoft A Mariña e o Concello de Lourenzá organizan unha recollida de xoguetes para deixar un sorriso aos máis pequenos durante este Nadal.
Para colaborar nesta campaña pódense deixar os xoguetes nos establecementos colaboradores coa campaña e tamén na biblioteca municipal en horario de 17.00 a 20.00 ata o 2 de xaneiro.
Os establecementos colaboradores son A Mariña tenis, Panadería Hucar de Burela, O Torreón, Soños, Témola Negra, Escola de Música de Lourenzá e Spar Express Trabada.
