Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

As guerreiras laranxas reinan en Europa

Por 5 Decembro, 2021Sin comentarios

O Pescados Rubén Burela FS lograron acadar o último título que lles faltaba, así, fixéronse co trofeo de campionas de Europa nunha final xogada no Pazo dos Deportes de Lugo contra o Pescara italiano. O Burela que xa viña de golear 5-0 nos dous anteriores partidos co Normanochka ruso.

As burelás impoñéronse 6-0 no Futsal Women’s European Champions onde a brasileira Cilene inaugurou o marcador cun pase da súa compatriota Dany, para que aos 15 minutos Emilly rematará a porta cun pase de Irene Samper.

Xa na segunda mitade do encontro, Emilly anotou o seu segundo gol cunha falta frontal, e acto seguido completou o seu hat-trick cun pase de Peque. O 6-0 chegou cun saque de porta da gardameta Jozi.

As guerreiras laranzas suman así o último tras amosar que poden gañar todos os partidos que se lles poñan por diante.

Finalmente, soaba a bucina que indicaba o remate dun encontro no que as Guerreiras laranxas volveron alzarse cun trofeo, pero que nesta ocasión sabía a Europa.