Skip to main content
BarreirosDeportes AMARIÑAXA

Aberta a inscrición para a Carreira Popular Solidaria de Reis e a Andaina de Barreiros

Por 21 Decembro, 2021Sin comentarios

O vindeiro 9 de xaneiro volve a Carreira Popular Solidaria de Reis xunto coa II Andaina Solidaria mantendo os fermosos percorridos da edición 2020; Camiño natural do Cantábrico, Lagoa dos Patos, O Xuncal… Ambas organizadas polo Concello de Barreiros.

A distancia da Andaina será de 5 ou 10 quilómetros con saída e chegada no campo de fútbol O Cascabeiro ás 10.30 horas e a inscrición é de 2€ (aporte solidario) na web.

A Carreira será de 7 quilómetros para a categoría absoluta, tamén con con saída e chegada no campo de fútbol O Cascabeiro ás 12.00 horas. A inscrición é de 7 euros dos cales a organización doará o 30% a prol do proxecto socioeducativo Sinfónico no rural que a Fundación Xesús Bal y Gay está a levar a cabo en Barreiros.

Para as categorías de menores a distancia dependerá da mesma e as saídas serán escalonadas dende ás 11.00 horas e ata ás 11.30 horas.

Para inscribirse www.maiskmsbarreiros.gal ou www.championchipnorte.com ata o 6 de xaneiro.