Skip to main content
Alfoz

A asociación San Mamede das Oiras de Alfoz organiza un curso de xabón

Por 17 Decembro, 2021Decembro 29th, 2021Sin comentarios

O luns 27 de decembro a asociación San Mamede das Oiras de Alfoz, organiza unha actividade para a elaboración de xabón a partir de aceite usado xunto a un faladoiro sobre os Lavadoiros Públicos na Escola das Oiras.

Esta actividades será en horario de 17.00 a 19.00 horas e para participar será necesaria a previa inscrición chamando ao teléfono 982 558 001.

É unha actividade dirixida a todos os públicos e de todas as idades e dende o Concello poñerán un autobús de balde para ir desde a Casa do Concello á Escola das Oiras.