Skip to main content
Alfoz

Rematada a pista de pádel de Alfoz

Por 19 Decembro, 2021Decembro 20th, 2021Sin comentarios

A Secretaría Xeral para o Deporte investiu 20.000 euros na instalación dunha pista de pádel en Alfoz. O alcalde, Jorge Val, explicou que a Xunta achegou o 80% do orzamento e o Concello o 20% restante.

Engadiu que o pádel é unha modalidade moi demandada, “e a oferta de instalacións debe ser coherente coas preferencias dos usuarios para incentivar a práctica de exercicio físico no marco dun estilo de vida saudable”.

A pista de pádel de Alfoz conta coas medidas regulamentarias, está construída ao aire libre e dispón de iluminación LED para prolongar as horas de uso.

A Secretaría Xeral para o Deporte investiu este ano máis de 32,4 millóns de euros, dos que 9,15 millóns foron destinados a obras de creación e reforma de infraestruturas deportivas, o que supuxo un incremento do 118% con respecto ao 2020.