Skip to main content
Barreiros

Eliminouse un punto de verquido de augas residuais en San Miguel de Reinante

Por 7 Decembro, 2021Sin comentarios

Eliminouse un punto de verquido de augas residuais ao rego do Forcón, en San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros.

O foco foi identificado polos técnicos do Plan de Control de Verquidos no transcurso dunha revisión rutineira da rede fluvial, identificando a súa orixe nun punto de verquido de augas residuais desde un pozo da rede de saneamento municipal. 

Augas de Galicia comunicoulle esta situación ao Concello de Barreiros para que procedera a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante.

Os inspectores autonómicos supervisaron as actuacións realizadas para emendar o foco, que consistiron no desatranco do colector que provocaba o verquido, tras enviar o Concello un camión motobomba á zona. 

Nunha inspección recente, os técnicos comprobaron o cese do verquido de augas residuais ao río.