Skip to main content
Barreiros

Barreiros constitúe a Comisión Negociadora para a elaboración do Plan de Igualdade

Por 28 Decembro, 2021Decembro 29th, 2021Sin comentarios

O Concello de Barreiros, nunha clara aposta por fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na organización, constituíu a Comisión Negociadora que se encargará da diagnose, negociación e elaboración das medidas que integrarán o Plan de Igualdade.

A concelleira responsable desta materia, Montse Porteiro, destaca a importancia da elaboración do plan “a hora de establecer un sistema de xestión dos recursos humanos que asegure criterios de igualdade no desenvolvemento profesional do persoal municipal independentemente do seu sexo”.

A Comisión Negociadora está integrada por 15 persoas con representación do Concello, do cadro de persoal laboral e do funcionariado.