Skip to main content
Burela

Guadi Galego achegará mañá a Burela o seu último traballo

Por 10 Decembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado 11 de decembro ás 20.00 horas Guadi Galego dará un concerto na Casa da Cultura de Burela. A actuación enmárcase dentro da xira Costuras, coa que a artista leva percorridos escenarios de toda Galicia.

Costuras aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador onde a autora se mostra tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco: Coas poetisas Antía Otero e Marina Oural e coa cantante catalá Paula Grande.

A produción musical a cargo de Olivera Estudi dá un novo aspecto ás creacións de Guadi entrando en campos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica creando texturas únicas. Entradas para o concerto proximamente á venda.