Skip to main content
Burela

Adiado o espectáculo El Regreso de Scar para maio

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

Dende o Concello de Burela informaron de que a xira de El Regreso de Scar, musical tributo El rey león 2, queda suspendida polo positivo en covid-19 de dous integrantes do Ballet Internacional de Senegal”.

No caso de Burela é un aprazamento e xa contan con nova data que será o sábado 7 de maio. Nos próximas días a plataforma woutick poñerase en contacto vía e-mail coas persoas que xa tiñan comprada a entrada para preguntar a opción que mellor comveña: a devolución do importe dá entrada a través dá mesma canle que foi adquirida ou conservar dita entrada para a nova data.

El Regreso de Scar, é unha visión totalmente innovadora tanto pola proposta de guión como pola posta en escena. A primeira delas relata como unha tribo africana revive a Scar buscando o seu rei e este cóntalle a historia de Simba desde un punto de vista moi distinto ao que se coñece.

Doutra banda a presenza en escena do Ballet Internacional de Senegal é totalmente sorprendente, con bailes autóctonos de África, incluíndo percusión en directo e vestiario realizado no propio continente da Sabana. As cancións dos viláns, as máis famosas da película e algunha do musical de Broadway reúnense nun espectáculo único no seu xénero.