Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo homenaxea aos traballadores xubilados nestes dous anos

Por 31 Decembro, 2021Xaneiro 3rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo homenaxeou a dous traballadores xubilados ao longo do 2020 e 2021. O ano pasado a situación derivada da pandemia propiciou o aprazamento de dita celebración.

Os traballadores agasallados pola súa xubilación foron Eulogio Vázquez Méndez e María Divina Trasancos Cabaleiro. Ambos recibiron das mans do alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, unha figura institucional do Concello. Así mesmo, tamén se lle fará entrega da figura institucional a María Carmen Moscoso Cancio e María Pura Pico López, traballadoras municipais xubiladas nestes últimos anos, que no día de hoxe non puideron acudir.

Durante o acto, o alcalde, Alfonso Villares, tivo palabras de eloxio e recoñecemento para os homenaxeados e encomiou a súa labor e entrega durante os moitos anos nos que formaron parte da plantilla do Concello de Cervo.