Skip to main content
Foz

O acendido do alumeado de Nadal de Foz será este venres

Por 1 Decembro, 2021Sin comentarios

A alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia o  acendido do alumeado de Nadal para este venres, día 3 de decembro, ás 18.30 horas cun evento denominado Bright Friday (Venres Luminoso). Terá lugar na Glorieta de Vilalba, debaixo da árbore, coa actuación musical do director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, se as condicións meteorolóxicas o permiten. 

A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca “o gran traballo realizado pola empresa contratada para a instalación das lucense de Nadal e os operarios e técnicos municipais, que están a ultimar grilandas, adornos e lámpadas para que Foz brille na noite deste venres. Pouco a pouco imos mellorando. Creemos no Nadal e na ilusión que lles fai aos máis cativos e o importante que é tamén para o comercio local. Continuamos a engalanar todas as parroquias e dispuxemos novos elementos no pobo. Adornos como a gran bola de Conde de Fontao, a iluminación en Paco Maañón ou as lámpadas do barco da Casa do Mar ou do Cenima serán puntos focais do alumeado. E ampliáronse os adornos na Avenida de Asturias ata chegar a Vilaxoane. Cremos que o Nadal é de todas e todos; estou segura que imos sorprender”.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima a todo o mundo a darse un paseo polas rúas da vila a partir deste venres: “o ano pasado o barco Joaquincito engalanado traspasou fronteiras. Non vale de nada contalo, hai que vir velo. Convidamos a veciñas e veciños -e seguro que tamén moitos visitantes- a facer un percorrido polas rúas de Foz, a desfrutar do paseo e a compartilo. Estaremos encantados de recibirvos”.