Skip to main content
Foz

Comeza unha campaña de seguridade viaria no Concello de Foz

Por 4 Decembro, 2021Decembro 9th, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz comezará o 6 de decembro unha campaña de seguridade viaria con control de alcoholemia e estupefacientes

 A policía local de Foz realizará unha campaña de seguridade viaria de control de alcoholemia e estupefacientes entre o 6 e o 12 de decembro. A campaña realizarase en distintos emprazamentos e horarios co fin de comprobar que se respecta a normativa en canto a índices de alcoholemia.

O alcalde Fran Cajoto informa que esta campaña é posible grazas á cesión da Dirección Xeral de Tráfico dun etilómetro dixital e outro evidencial, dentro do marco de colaboración que ten o Concello co organismo dependente do Ministerio do Interior. “Cumprindo as directrices da DXT e pensando no risco de atropelos, o Concello vén de rematar esta semana a colocación de novas sinais de limitación de velocidade en todo o casco urbano, quedando fixada en 30 km/h para todas as rúas agás nas que comparten plataforma vehículos e viandantes, como Paco Maañón, nas que a limitación se reduce a 20 km/h.

O fin último do Concello é a seguridade de todas e todos, por iso  informaremos publicamente desta e outras futuras campañas”-destaca o alcalde Fran Cajoto.