Skip to main content
Foz

O PP focego pide crear unha senda peonil entre San Martiño e o castro das Engrobias

Por 27 Decembro, 2021Sin comentarios

O grupo popular defenderá na sesión plenaria que celebrará mañá na Deputación unha moción para instar ao Goberno provincial a financiar a creación dunha senda peonil entre a basílica de San Martiño de Mondoñedo (na parroquia de San Martiño de Foz), que é considerada a catedral máis antiga de España (declarada Ben de Interese cultural), e o castro das Engrobias, ou de Lelle, que está a 500 metros.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica: “o que queremos é crear un conxunto histórico importante, non só para Foz, senón para toda A Mariña. Entendemos que a catedral e o castro están intimamente ligados historicamente nun núcleo de poboación que ten máis de dous mil anos de antigüidade. Hai que tratar de  buscar sinerxías entre estes dous elementos históricos, moi representativos de Foz e de toda A Mariña”.

Castiñeira sinala que “no seu momento, cando o PP gobernaba no concello de Foz, xestionou a adquisición deses terreos para poñelos en valor. A súa vez, a Xunta de Galicia impulsou traballos de prospeccións arqueolóxicas, dentro  do plan de catedrais, e cremos que debemos de seguir nesa liña de poñelo en valor”. Engade: “A Deputación de Lugo é a única administración que aínda non colaborou na posta en valor deste conxunto histórico; é o momento de que o faga financiando esa senda  peonil, de valor cultural e histórico, e que será un dinamizador turístico da zona”.

Os populares lembran que a basílica de San Martiño  chegou a recibir a máis de 27.000 persoas; despois das catedrais e co Fuciño do Porco é un dos puntos  máis visitados de A Mariña. Consideran que con esta senda pode ser aínda moito más importante como atractivo turístico”.

Castiñeira espera “o apoio de todos os grupos, porque o custo non é moi elevado e os beneficios que dará a posta en valor deste conxunto histórico poden ser moi interesante para toda A Mariña”.