Skip to main content
Mondoñedo

Xa hai gañadores do XXII Premio Díaz Jácome de Poesía mindoniense

Por 7 Decembro, 2021Decembro 8th, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo fallou o XXII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores no que Adrián Agustín Vázquez Rodríguez gañou o primeiro premio.

O traballo presentado polo gañador ten por título Nome da ausencia, e obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma.

O xurado destacou nos seus versos a dicción equilibrada dos mesmos, así como a capacidade suxestiva das súas imaxes e o poder evocativo do universo lírico convocado.

O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, foi para a obra Anil límite, do autor Adrián Maceda Fernández. O terceiro foi para Blanca Trigo Cabaleiro e a súa obra Poética dos galgos e a doenza.

A entrega do remio terá lugar o vindeiro xoves, día 30 de decembro ás 12.15 horas coa recepción oficial no Concello e acto seguido será a entrega no Salón de Plenos do Concello.

Manteranse as normas aprobadas polas autoridades en canto ao aforo e medidas sanitarias en relación coa situación actual de pandemia provocada pola covid.