Skip to main content
Mondoñedo

Gañadores do Concurso de Fotografía ‘O Mellor Recuncho de Mondoñedo’

Por 12 Decembro, 2021Xaneiro 4th, 2022Sin comentarios

Fotografía de Miguel Rubal Oubiña, que levou o 1º Premio

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, fallou o VI Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta”.

A fotografía gañadora foi a de Miguel Rubal Oubiña, seguida dá de Lucía López e Manuel Buján Peón.

Para o concurso do presente ano presentáronse 23 fotos das que, ademais da terna de gañadores, extractáronse outras 10 fotos máis, por orde por orde de valoración, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2022.

A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días, coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo.

Concello e xurado agradecen a participación cidadá neste concurso e emprazan á veciñanza para o concurso do vindeiro ano.

De arriba a abaixo, fotografías de Lucía López e de Manuel Buján Peón, que acadaron o 2º e 3º Premio respectivamente