Skip to main content
Mondoñedo

Xa se coñecen os gañadores do XIV Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo

Por 16 Decembro, 2021Sin comentarios

Tras a celebración do XIV Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, organizado pola Aciam de Mondoñedo, os días 26, 27 e 28 de novembro de 2021, veñen de entregarse os premios ás mellores tapas do concurso.

Así mesmo, tamén tivo lugar o sorteo, entre as votacións do público, dos agasallos consistentes en entradas para a cova do Rei Cintolo, lotes de viño e unha estancia nun establecemento de hostalería mindoniense.

No relativo ás tapas, nas categorías de Mellor tapa tradicional e Mellor tapa valorada polo público os premios recaeron no Bodegón A Catedral coa súa tapa Cousas do Bodegón; e na categoría da Mellor tapa creativa o premio recaeu en O Palique coa tapa denominada Vaille Dando.

A todos eles fíxose entrega dun trofeo conmemorativo do premio gañado nesta edición do ano 2021, no relativo aos agasallos para o público, o sorteo quedou do seguinte xeito:

  • 1 lote de viño para Jacobo Cancela,
  • 1 lote de viño para Ricardo Casabella
  • 1 lote de viño para Laura Fraga
  • 1 noite na hostalería mindoniense para Fina Palacios
  • 2 entradas para a Cova do Rei Cintolo para Iván Gayón
  • 2 entradas para a Cova do Rei Cintolo para Marta Otero