Skip to main content
Ourol

Os nenos de Ourol terán unha sesión de contacontos o día 23

Por 15 Decembro, 2021Sin comentarios

Os nenos de Ourol terán unha sesión de contacontos o día 23 de decembro ás 11.30 horas no edificio multiusos do Concello. Este día terán unha visita dunha carteira que lles levará cartas unhas cartas moi especiais.

Unha de Clementina, unha tartaruga que viaxa polo mundo, outra da elefantiña Rosa Caramelo e moitas outras. Para descubrir que mais lles trae esta carteira haberá que asistir ao multiusos de Ourol e pasa un momento moi divertido con eles.

Para participar anotarse no teléfono 982 55 90 19 antes do día 22,  e lembran que os nenos que os nenos anotados no campamento non necesitarán facelo.

Por outra banda, o día 24 de decembro Papá Noel recollerá as cartas dos nenos que se acheguen a visitalo ao edificio multiusos de 11.00 a 12.30 horas.