Skip to main content
A Pontenova

O Anpa do colexio da Pontenova organiza varias actividades de Nadal

Por 3 Decembro, 2021Sin comentarios

O Anpa do colexio da Pontenova organiza para esta Nadal varias actividades que comezarán o martes 7 de decembro cun obradoiro de cociña típica destas festas e un de ioga e movemento.

Ambos obradoiros serán ás 16.00 horas na casa das sociedades e para participar é necesario anotarse antes do luns 6 de decembro.

Así mesmo, para o día 23 haberá outros dous tralleres, un de manualidades e outro de break dance, que tamén serán ás 16.00 horas pero nesta ocasión no polideportivo. Ao rematar estas dúas actividades poderase desfrutar dunha merenda para todos e moitas máis sorpresas.

Dende a organización lembran que para os socios do Anpa son actividades totalmente gratuítas malia que para os que non son socios terán que pagar 3 euros. Para máis información haberá que chamar aos teléfonos 610 017 112 e 653 434 712.