Skip to main content
A Pontenova

Comezou a XIV Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova

Por 5 Decembro, 2021Sin comentarios

Comezou a XIV edición da Feira de Artesanía e Antigüidades e a tradicional Xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos do Concello da Pontenova e que será durante toda a ponte festiva.

 Esta cita, que é xa un referente no sector conta con máis de 60 expositores entre anticuarios e artesáns. Ás demostracións de ferreiros, torneiros, ou xoieiros sumarase tamén estes días unha exposición de olería, motos e coches clásicos. 

A feira ten lugar na praza dos Fornos onde se instalarán como noutras ocasións numerosos postos de artesanía de diferentes zonas xeográficas españolas, onde se expoñen artigos de cestaría, carpintería, complementos en tea, xoiería ou coiro.

Por outra banda, para participar na xuntanza de Vespas e coches clásicos haberá que facer previa inscrición de 15 euros por vehículo e será na praza dos Fornos a partir das 11.00 horas.

Haberá trofeos para os vehículos máis antigos, mellor conservados, máis lonxe e o máis veterán.