Skip to main content
A Pontenova

O Concello da Pontenova vén de rematar tres importantes obras

Por 11 Decembro, 2021Decembro 12th, 2021Sin comentarios

O Concello da Pontenova vén de rematar tres importantes obras para a mellora da calidade de vida dos veciños. A primeira é a de automatización da ETAP, Estación de Tratamiento de Auga Potable, que está situada en Vileimil e “consistiu na automatización dos procesos de cloración e filtración pois cando chove moito ou hai tormentar hai que ir cando pouco tempo ata alí a facelo manualmente”, explica o alcalde da Pontenova, Darío Campos.

Esta obra conta cun orzamento de arredor de 60.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación e “unha liña que sacou a Xunta de Galicia para temas de auga e co financiamento do 20% por parte do propio Concello”, engade Campos.

A segunda obra foi a de mellora na EDAR, Estación Depuradora de Augas Residuais, na que “fixemos melloras nas bombas e nos difusoras de aire o que supón unha redución enerxética moi considerable xa que se atopaban en mal estado”, di o rexedor pontenovés, “estas tarefas tamén as financiamos ao 20% con fondos do Concello e cunha axuda da Xunta para saneamento, xa que ascende a uns 50.000 euros”.

A última das tres importantes obras foi a de reasfaltado do polígono industrial “rematouse a finais de novembro e levouse a cabo cunha subvención para os polígonos e que ascende a uns 80.000 euros”.

Así mesmo, o alcalde da Pontenova comunicou que se está a colocar estes días o cable da tirolina e “esperamos que a finais de ano senón comezos do 2022 esté rematada”. Ademais abriuse una páxina web, tirolinadasminas.com, na que se inclúe una dirección de correo electrónico para informarse e poder facer reservas. Os prezos que terá a visita aínda non están establecidos.