Skip to main content
Ribadeo

Estanse a repoñer árbores que faltaban en diferentes puntos do Concello ribadense

Por 17 Decembro, 2021Sin comentarios

A brigada de Medio Ambiente do Concello procede estes días a repoñer moitas das árbores que faltaban en diferentes puntos da vila. Os traballos estanse a centrar inicialmente no paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao.

Algunhas faltan segundo o Concello “por motivos vandálicos, outras por accidentes provocados por malos estacionamentos, e outras pois pola propia natureza”.

Dende o Concello din que “agora estamos centrándonos no paseo Marítimo Alfonso Rodríguez Castelao en repoñer os Tamarix Gallica que estaban secos, substituíndoos por outros da  mesma especia especie. Están sendo protexidos con titores e cinta de caucho e tamén se aproveita para facer traballos de mantemento nos seus arredores”.

Engadiron “e así deste xeito iremos substituíndo aqueloutras que tamén se atopan en mal estado ou simplemente non están, no resto da vila”.