Skip to main content
Ribadeo

A Policía Local de Ribadeo conta cun novo vehículo

Por 21 Decembro, 2021Xaneiro 3rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Ribadeo conta cun novo vehículo para a Policía Local. Trátase dun híbrido adquirido pola modalidade de renting a catro anos, coa axuda dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta.

Unha vez transcorrido ese tempo o Concello terá a opción de mercar ese coche e entre as dúas administracións resolverase a carencia de elementos móbiles para a Policía Local ribadense poida seguir facendo o seu traballo tanto na vila como nas parroquias.