Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo traslada as queixas polo peche da biblioteca durante o Nadal

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo da traslado das queixas de moitos nenos e mozos que mostran o seu enfado porque o goberno local peche a biblioteca polo Nadal cando agardaban poder consultar libros e documentación.

A vicevoceira, Elena Sierra, explica que “estamos en Nadal e os estudantes están de vacacións. Os universitarios están afeitos facer uso das bibliotecas; pero cando chegan a Ribadeo, atópana pechada porque o goberno local non traballa”.

Os populares condenan que mentres as bibliotecas doutros Concellos da Mariña se manteñen abertas e, incluso, se promoven actividades; “o Goberno do BNG pecha a biblioteca de Ribadeo”.

O Grupo Municipal Popular propón “abrir a biblioteca en Nadal e dinamizala con actividades como poden ser a promoción da lectura, presentación de libros, contacontos e actividades culturais”.

“O que se está facendo noutros municipios, tamén se pode facer en Ribadeo. Só é cuestión de que este Goberno traballe, que a concelleira de Cultura tome algunha decisión e, se é posible, acertada”, conclúe.