Skip to main content
Ribadeo

O casco vello de Ribadeo foi declarado Área Rexurbe

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

O Casco vello de Ribadeo foi declarado Área Rexurbe o que permitirá expandir o centro da vila ata o porto unindoo co mercado e creando espazos verdes.

Así o comunicou o Consello da Xunta e implicará tamén a pontenciación de varias rúas como a da Virxe do Camiño e súa capela, inmoble que se baralla para unha sala de exposicións, ademais de reparar e facer diferentes actuación no forte San Damián, no xulgado de paz ou no ámbito de Cabanela.

A área Rexurbe abarca 407.000 metros cadrados con 1.059 edificios e 1.390 vivendas, un ámbito que coincide maioremente co do Peprich.

O rexedor ribadense dixo que “ao mesmo tempo a filosofía do ARI vai cambiar para ser a do Rexurbe, no que se van mellorar as contías e as porcentaxes de axuda para a rehabilitación en todo o casco vello, non soamente nestas áreas singulares que describín como algunhas posibles actuacións senón en todo o casco vello os propietarios de inmobles veranse beneficiados de que de aquí en diante as axudas serán máis intensas”.