Skip to main content
O Valadouro

O Ceip Castro de Ouro mellorará o peche do recinto

Por 18 Decembro, 2021Sin comentarios

O Ceip Castro de Ouro recibirá unha achega que ascende a 25.000 euros para a mellora do peche perimetral do recinto. Unha obra que se comezará nas vindeiras semanas.

Así mesmo, vaise renovar a cuberta do patio do instituto anexo, o IES Alfoz-Valadouro, cun orzamento de 48.000 euros.

Estas obras súmanse as melloras no acondicionamento do patio feitas unhas semanas antes nas que se pintaron e colocaron xogos populares e tradicionais, espazos de lecer e un rincón da amizade.

Todos estes novos espazos fomentan a igualdade, o respecto e a non violencia de xénero, que son conceptos sobre os que aprendimos e charlamos nos obradoiro que se impartiron para o alumanados e as súas familias.