Skip to main content
Vegadeo

Un millón de euros ao proxecto de recuperación da marisma de Vegadeo

Por 1 Decembro, 2021Febreiro 2nd, 2022Sin comentarios

A Demarcación de Costas en Asturias publicou un proxecto para a recuperación da Marisma de Vegadeo por un valor estimado de 1.062.846,60 euros e estará aberto en exposición pública ata o 29 de decembro.

Neste proxecto prevese actuar sobre a zona entre as marxes dos ríos Suarón e Mojardín e a estrada N-640 así como a marisma que crea a confluencia entre ambos.

Estre as tarefas que se levarán a cabo son as de restauración da marisma, demolicións, itinerarios peonís e sinalizacións. Ademais  medidas medioambientais como a rehabilitación dos canais de marea na zona a creación dunha pantalla arbórea que elimine impactos visuais desde os itinerareos peonís e a retirada de plantas invasoras con especial importancia na eliminación do eucalipto.

No tocante ás demolicións, haberá que derrubar construccións, obras de fábrica, ,naves, peches, estruturas e casetas ubicadas na traza dos itinerareos peonís.

Dentro destos itinerareos contémplanse dous que contarán con tramos de madeira e perfectamente delimitados. O primeiro comezará a pé dende a ponte existente na marxe dereita do río Suarón ata chegar ás traseiras da gasoliñeira existente. Contará cunha lonxitude de 885 metros.

O itinerareo dous partirá a pé da pasarela da marxen esquerda do río Mojardín discorrendo augas abaixo ata a confluencia co Suarón, e terá 586 metros.

Así mesmo, favorecerá unha mellor evacuación das augas durante as riadas e crearanse novas zonas verdes. Dende o Goberno local esperan que estas obras estén listas entre o 2023 e o 2024.